De principios do século XIII, mostra unha mestura de elementos románicos e góticos. Os arcos apuntados da cabeceira acercaríanse ao gótico mentres que as semicolumnas que as sosteñen, os canzorros do exterior e a portada serían románicos.
A nave foi ampliada no ano 1708. No atrio encóntranse restos dun antigo baldaquino.